O BLOG DE 6º

Un lugar para dar a coñecer as nosas novas, e saber das outras...

sábado, 8 de diciembre de 2018

25 N: DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro, Día da non violencia contra a muller,  é tamén un día especial para recordar un contido transversal a todas as materias e en todos os cursos: todas e todos somos iguais en dereitos e deberes. Por que logo a violencia está tan impregnada en actitudes cotiás que case parece non dármonos conta? As nenas e os nenos de sexto de educación infantil encheron os corredores do centro amosándonos imaxes e mensaxes que incitan á violencia. E en sexto de primaria, coa análise de refráns,  pretendemos achegar unha reflexión.

E, por suposto, había que representar o recordatorio deste día dun xeito dinámico.


CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

sábado, 27 de octubre de 2018

XA ESTAMOS EN 6º!

Xa case vai alá a metade do trimestre...!

 Comezamos o curso coa presenxza das nosas familias no centro. Mamá e papá viñeron á xuntanza para coñecer como sexto se organizaba, e o avó de Jorge, de 6ºA, acompañado dos seus amigos, demostrounos que na vida hai que ter ideas; dedicarlle horas de esforzo, análise e ilusión, e sobre todo,ser perseverantes... Así naceron e se desenvolveron os motores Patelo.
Unha experiencia do máis enriquecedor!

martes, 27 de marzo de 2018

QUINTO CELEBRA O DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de 5º presentoulles a biografía de Rosalía de Castro ao alumnado de educación infantil e recitoulle algúns dos poemas con máis sona da escritora.



 

21 DO TRES: DÍA DO SÍNDROME DE DOWN


As nenas e os nenos de 5º A quixeron amosar as súas medias diferentes nesta data. Son metáforas da diferenza, pero que se xuntan para recordarnos a inclusión e a integración, e sobre todo, o respecto e a comprensión polas persoas con Síndrome de Down.