sábado, 6 de xaneiro de 2018

POR UN DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE: CONFERENCIA DE PACO DURÁN

Segundo Paco Durán, decano da facultade de Xeografía e Historia, houbo moitos momentos críticos na Terra provocados polas glaciacións, os meteoros, os volcáns, as sequías...

Actualmente, outros elementos como a demografía, a contaminación, a deforestación, o cambio climático, a sobrepesca, as especies invasoras..., traen consigo, ademais dos problemas na biodiversidade do planeta, un empobrecemento que leva consigo tamén as MIGRACIÓNS.

En definitiva, con Paco Durán descubrimos como o cambio climático traerá a máis temidas das enfermidades á Terra: a pobreza.





O coche no que acudimos ao colexio; algunha roupa que vestimos; o papel que a diario usamos; a tableta coa que xogamos ou o teléfono co que nos comunicamos..., son produtos que, como moitos outros, aportan elementos contaminantes ao planeta Terra.

Sen embargo, hai que recoñecer que tamén se convertiron en practicamente imprescindibles nas nosas vidas. Entón, como podemos utilizalos, ser membros da sociedade actual, sen alterar o medio ambiente?

O primeiro, é comprobar que aspectos rutinarios podemos mellorar. Para iso, completa coa túa familia esta enquisa sobre residuos do profesor da Universidade da Coruña, Manuel Soto.

É totalmente anónima e, ao final, proporciónache unha porcentaxe do grao de implicación que a túa familia ten na reciclaxe. Anota esa porcentaxe e pásalla á profesora sen escribirlle o nome; soamente a porcentaxe.

Empezamos a comprobar? Poi preme xa:

https://emapic.es/custom/residuos-udc

Ningún comentario:

Publicar un comentario

UNHA SOCIEDADE EN IGUALDADE

O alumnado de sexto A, leva tempo traballando a prol dunha sociedade na que os dereitos dos seres humanos sexan respectados, sen distinción ...