sábado, 8 de decembro de 2018

25 N: DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro, Día da non violencia contra a muller,  é tamén un día especial para recordar un contido transversal a todas as materias e en todos os cursos: todas e todos somos iguais en dereitos e deberes. Por que logo a violencia está tan impregnada en actitudes cotiás que case parece non dármonos conta? As nenas e os nenos de sexto de educación infantil encheron os corredores do centro amosándonos imaxes e mensaxes que incitan á violencia. E en sexto de primaria, coa análise de refráns,  pretendemos achegar unha reflexión.

E, por suposto, había que representar o recordatorio deste día dun xeito dinámico.


CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

UNHA SOCIEDADE EN IGUALDADE

O alumnado de sexto A, leva tempo traballando a prol dunha sociedade na que os dereitos dos seres humanos sexan respectados, sen distinción ...