luns, 12 de outubro de 2015

PRONTO CHEGA O SAMAÍN

Pouco a pouco o curso vai avanzando. Como comprobaredes, as noites chegan antes; hai que abrigarse máis; chove...É dicir, estamos en pleno outono.
 
Nesta época, os nosos antepasados celebraban a aparición  da época escura: poñían as caveiras dos seus inimigos con fachos de lume dentro para asustar e espantar aos malos espíritos que aparecían nas longas noites de inverno, e celebraban festas nas que a cervexa era un líquido abundante para todos.
 
Agora nós preparamos o Samaín, e temos que coñecer o monstro que todos levamos dentro.
Queres saber que clase de monstro es ti?



Ningún comentario:

Publicar un comentario

UNHA SOCIEDADE EN IGUALDADE

O alumnado de sexto A, leva tempo traballando a prol dunha sociedade na que os dereitos dos seres humanos sexan respectados, sen distinción ...