mércores, 21 de outubro de 2015

OBRADOIRO DE TRADICIÓN ORAL


Na primeira semana de novembro visitaremos a biblioteca pública Ánxel Casal para participar no Obradoiro de tradición oral.

Este ano, quérese centrar o obradoiro nunha temática específica: a regueifa, termo co que se denominaba ao pan doce de trigo que se disputaba nunha celebración, xeralmente nas vodas. Quen gañaba o desafío, conseguía tamén a regueifa; claro que, moitas veces, a festa acababa en pelexa...

Na actualidade, hai xente que tenta recuperalas, e entre esa xente xa estamos nós: partindo de cantigas relacionadas co magosto e as castañas, tamén tradicionais, compoñeremos as  respostas.
Hai que procurar que as estrofas sexan de catro versos de oito sílabas, que rimen os versos pares e que conteñan un pouco de picardía...


Logo, xa será cuestión de cantar ou recitar...




Ningún comentario:

Publicar un comentario

UNHA SOCIEDADE EN IGUALDADE

O alumnado de sexto A, leva tempo traballando a prol dunha sociedade na que os dereitos dos seres humanos sexan respectados, sen distinción ...