domingo, 15 de novembro de 2015
OUTRO XEITO DE APRENDER
Durante este mes de novembro estamos experimentando outra maneira de achegarnos aos coñecementos.
Así por exemplo, na clase de ciencias sociais estamos a estudar a representación da Terra. E para nós foi todo un luxo atender ás explicacións do profesor da universidade da Coruña, Alfonso Varela, que tamén ten relación con algún membro do noso curso, é dicir, de quinto.
É incrible que dun xeito experimental, con laranxas, folios e mazás, entenderamos conceptos tan abstractos para nós como os paralelos, os meridianos, a latitude, a lonxitude... En definitiva, a representación da Terra, que como Alberto nos explicou, é unha teima que vén de moi antigo para os humanos. E agora...Toca exame!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
UNHA SOCIEDADE EN IGUALDADE
O alumnado de sexto A, leva tempo traballando a prol dunha sociedade na que os dereitos dos seres humanos sexan respectados, sen distinción ...
-
O curso de quinto marca a conta atrás dos nosos estudos na educación primaria, e por tanto, no CEIP López Ferreiro. Ademais, é un ano de c...
-
O alumnado de sexto A, leva tempo traballando a prol dunha sociedade na que os dereitos dos seres humanos sexan respectados, sen distinción ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario