mércores, 1 de maio de 2019

FOMOS A VILA REAL!




Durante varios meses, deixamos de expoñer as nosas actividades e traballos neste blog, pero iso non significa que estiveramos paradas e parados!

O proxecto Pontes para coñecérmonos foi o seleccionado para representar a Compostela no Programa de intercambios escolares entre concellos de Galicia e Norte de Portugal_Eixo Atlántico. Pasamos tres días visitando Vila Real e no mes de maio, foron as nenas e os nenos portugueses quen nos honraron coa súa visita.


Pero antes, houbo que elaborar un arduo traballo que se desenvolveu en tres fases:
  • Motivación e coñecemento da lingua e cultura portuguesa,  e a súa relación coa galega baixo o título Por que nos separamos? Para coñecelo, realizouse unha entrevista á profesora da USC Isabel Morán, e o obradoiro de cociña portuguesa  en colaboración coa ANPA.
  • Unha segunda parte baseouse en analizar se Somos tan diferentes?; as nenas e os nenos buscaron información sobre os datos políticos, administrativos, poboacionais e climáticos da rexión de Tras Os Montes e Galicia, e amosáronos facendo diversas comparacións.
  • E xa finalmente, o alumnado de 6º visitou Vila Real e o portugués veu a Santiago de Compostela na primeira semana de maio. Compartiron momentos coa robótica para coñecer o Camiño Miñoto Ribeiro e un xogo quiz sobre diferentes monumentos e lugares de interese da cidade portuguesa.


ACHÉGATE A VILA REAL, PORQUE AÍNDA HAI MOITO POR  DESCUBRIR...EN PORTUGAL!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

UNHA SOCIEDADE EN IGUALDADE

O alumnado de sexto A, leva tempo traballando a prol dunha sociedade na que os dereitos dos seres humanos sexan respectados, sen distinción ...