martes, 2 de xullo de 2019

MAIOS E LETRAS GALEGAS


Como é tradicional no López Ferreiro, celebrouse conxuntamente a festa do Maios e mais as Letras Galegas.
Arredor do maio que se confeccionou cos elementos vexetais aportados polas nenas e polos nenos, interpretáronse melodías galegas, e o alumnado de 6º recitou cantigas tradicionais sobre os diferentes oficios.
O acto rematou cun conto rimado recolleito por Antonio Fraguas:  O casamento da pulga e o rato. Unha historia escenificada polo alumnado de sexto de educación infantil, e narrada por Pablo e Rosalía de sexto. 

E, por suposto, tamén se entregaron os premios do concurso que sobre Antonio Fraguas e a súa obra se veu desenvolvendo na biblioteca desde febreiro; o agasallo consistiu nunha libreta e un lapis moi especial co que  recoller as nosas cantigas da tradición oral.

As axudantes da biblioteca de sexto foron as encargadas de entregar os agasallos, algúns dos cales corresponderon a varios participantes de 6º A e de 6º B.










Ningún comentario:

Publicar un comentario

UNHA SOCIEDADE EN IGUALDADE

O alumnado de sexto A, leva tempo traballando a prol dunha sociedade na que os dereitos dos seres humanos sexan respectados, sen distinción ...