Para celebrar o Día do libro, achegouse Celtia ata a nosa biblioteca. E así, o alumnado de sexto gozou cunha escenificación sobre a historia da nosa lingua, a galega.
A biblioteca Ánxel Casal e GALIX, decidiron celebrar o cabodano de Xabier Docampo.
Diversas institucións, persoeiros e centros educativos, se deron cita arredor das lecturas coas que este autor contribuiu a normalizar a nosa lingua na literatura. E o López Ferreiro, tamén foi convidado.
Nos Encontros lectores, un dos libros propostos fora O armario novo de Rubén. Por tanto, as nenas que participan maioritariamente nestes encontros, decidiron seleccionar unha historia das que aparecen no libro e facer con ela teatro lido.
A súa presentación foi unanimamente eloxiada. Lástima que no vídeo non se escoite o suficiente.
En calquera caso, ante vostedes "Dacabalo da vasoira", unha historia lida e representada por Elena, Carlota, Mencía, Uxía, Lúa, Lara e Icía.
Como é tradicional no López Ferreiro, celebrouse conxuntamente a festa do Maios e mais as Letras Galegas.
Arredor do maio que se confeccionou cos elementos vexetais aportados polas nenas e polos nenos, interpretáronse melodías galegas, e o alumnado de 6º recitou cantigas tradicionais sobre os diferentes oficios.
O acto rematou cun conto rimado recolleito por Antonio Fraguas: O casamento da pulga e o rato. Unha historia escenificada polo alumnado de sexto de educación infantil, e narrada por Pablo e Rosalía de sexto.
E, por suposto, tamén se entregaron os premios do concurso que sobre Antonio Fraguas e a súa obra se veu desenvolvendo na biblioteca desde febreiro; o agasallo consistiu nunha libreta e un lapis moi especial co que recoller as nosas cantigas da tradición oral.
As axudantes da biblioteca de sexto foron as encargadas de entregar os agasallos, algúns dos cales corresponderon a varios participantes de 6º A e de 6º B.
Durante varios meses, deixamos de expoñer as nosas actividades e traballos neste blog, pero iso non significa que estiveramos paradas e parados!
O proxecto Pontes para coñecérmonos foi o seleccionado para representar a Compostela no Programa de intercambios escolares entre concellos de Galicia e Norte de Portugal_Eixo Atlántico. Pasamos tres días visitando Vila Real e no mes de maio, foron as nenas e os nenos portugueses quen nos honraron coa súa visita.
Pero antes, houbo que elaborar un arduo traballo que se desenvolveu en tres fases:
Motivación e coñecemento da lingua e cultura portuguesa, e a súa relación coa galega baixo o título Por que nos separamos? Para coñecelo, realizouse unhaentrevista á profesora da USC Isabel Morán, e o obradoiro de cociña portuguesa en colaboración coa ANPA.
Unha segunda parte baseouse en analizar se Somos tan diferentes?; as nenas e os nenos buscaron información sobre os datos políticos, administrativos, poboacionais e climáticos da rexión de Tras Os Montes e Galicia, e amosáronos facendo diversas comparacións.
E xa finalmente, o alumnado de 6º visitou Vila Real e o portugués veu a Santiago de Compostela na primeira semana de maio. Compartiron momentos coa robótica para coñecer o Camiño Miñoto Ribeiro e un xogo quiz sobre diferentes monumentos e lugares de interese da cidade portuguesa.
ACHÉGATE A VILA REAL, PORQUE AÍNDA HAI MOITO POR DESCUBRIR...EN PORTUGAL!!!!
O 25 de novembro, Día da non violencia contra a muller, é tamén un día especial para recordar un contido transversal a todas as materias e en todos os cursos: todas e todos somos iguais en dereitos e deberes. Por que logo a violencia está tan impregnada en actitudes cotiás que case parece non dármonos conta?
As nenas e os nenos de sexto de educación infantil encheron os corredores do centro amosándonos imaxes e mensaxes que incitan á violencia. E en sexto de primaria, coa análise de refráns, pretendemos achegar unha reflexión.